Umi Dojo

Gasshuku 2025

En febreiro de 2025 celebramos en Umi Dojo o noso Gasshuku co Senkikan Dojo, un encontro intensivo de Karate que combina adestramentos, exames e convivencia, e que supón unha ocasión especial para afondar na práctica e fortalecer os lazos do grupo.

Como delegación do Senkikan Dojo en Galicia, estes Gasshukus son unha gran oportunidade para compartir coñecementos e seguir medrando no noso camiño. Contar coa presenza de Víctor Sensei e Marcos Sensei, que viñeron acompañados doutros destacados membros do seu dojo, é todo un luxo para nós.

Ao longo da fin de semana realizamos adestramentos e exames nas nosas instalacións en Noia. O sábado á noite compartimos unha animada cena a base de polbo e churrasco, na mellor tradición galega. E o domingo gozamos dun adestramento moi especial no incrible entorno da praia da Aguieira, que nos permitiu practicar en plena natureza, rodeados do mar e da area.