O Dojo

Umi Dojo nace en Noia cun propósito claro: adestrar Karate de Okinawa con respecto, estudo e constancia. A nosa práctica céntrase en fundamentos sólidos, mecánica corporal coherente, boas posicións e transicións, coordinación, equilibrio e forza funcional. Traballamos con método, atención ao detalle e progresión segura.
A tradición marcial en Noia
Noia leva décadas vencellada ás artes marciais. O Ximnasio Muiños foi pioneiro neste eido e continúa a ser un referente local. En Umi Dojo honramos esa tradición e ampliámola: impartimos clases na Sociedade Liceo de Noia e no Ximnasio Muiños.
Kankeiko 2023

Clase dojo

100 kata

Sobre min
Comencei no estilo Renbukai na Sociedade Liceo de Noia aos 15 anos. Por circunstancias da vida pasei a Shitō-ryū, práctica que mantiven máis de 30 anos. En 2017, durante unha viaxe dun mes a Okinawa, comprendín con máis claridade que buscaba unha práctica máis profunda e coherente.
Pouco despois coñecín a Víctor Sensei e Marcos Sensei de Senkikan Dojo. O seu traballo, estudo e metodoloxía encaixaron co que necesitaba. Reinicei a miña práctica con eles e abrín unha etapa de estudo máis fondo ca nunca.
Hoxe adestro e ensino Shōrin-ryū (liñaxe Kobayashi) —Kobayashi Ryū, liña de Chibana Chōshin Dai Sensei— con honestidade, criterio técnico e mirada funcional.
Somos a delegación en Galicia de Senkikan Dojo.
O meu compromiso é acompañar a cada alumno/a cun adestramento progresivo, seguro e con sentido — respecto, disciplina e superación persoal.
